Visita guiada pola Ruta Máxica de Oia

Visita guiada pola Ruta Máxica de Oia

















           O pasado día 16 de Agosto do 2014, levouse a cabo unha visita guiada pola ruta Máxica de Oia.

          A organización correu por conta de ACAMO e ANABAM, colaborando Rockart Conservation e por suposto nós, A JALLEIRA.
          Partimos as 9:30 da mañá, as primeiras paradas tiveron lugar nos Petroglifos da Pedreira, baseados en liñas e cazoletas, e Outeiro do  Morouzo, onde tamén se atopan distintos petroglifos, destacando a Pedra do cazador, cun gravado antropomorfos e zoomorfo onde se representan, para uns, escenas de monta, e para outros de caza.

          Seguimos pola pista forestal, ata chegar  as Sobreiras do Faro, catalogado como Espazo Privado de Interese Natural, onde membros da JALLEIRA explicaron os valores naturais, históricos e socioeconómicos deste pequeno verxel que se atopa no canon do río Boi.
          Seguimos andando  á  vez que gozando  das marabillosas vistas da costa de Oia, onde se poden contemplar as súas paisaxes, parroquias, e outros elementos como as illas Orelludas, facendo as correspondentes paradas nos miradores naturais que nos ofrece toda  ruta.
         Antes de xantar, foi de obriga a visita as Pozas de Mougás, onde  o río Peito  se atreve a pasar entre as súas prominentes cascadas.
          A iso das 14:00h, paramos a xantar nun parque preto das Pozas, onde carballos e castiñeiros nos protexían do sol abafador daquel  día.

          Xa co bucho cheo, retomamos a andaina no seu último tramo ata chegar  o” xacemento da Cabeciña”, descuberto recentemente , que posúe un recinto fortificado e ademais  diversos  petroglifos.

          Grazas a Anabam e Acamo por nos convidar a participar na Ruta Máxica de oia, e tamén agradecer a Roberto Moreno pola reportaxe fotográfica.

A Jalleira, por é para o monte.































Comentarios

Publicacións populares