XORNADAS FORESTAIS
III XORNADAS FORESTAIS BAIXO MIÑO
19 de Outubro
- 16:00 H.- Conferencia: SERRA DA GROBA “Terra de contrastes” Conferencia sobre o proxecto divulgativo promovido polo o alumnado do I.E.S. A Sangriña, sobre os valores naturais, patrimoniais e culturais da Serra da Groba. Blogue: A SERRA DA GROBA. TERRA DE CONTRASTES.
- 17:00 H.- Experiencia: Comunidade de Montes de COUSO. Monte Veciñal de Gondomar que nos ven amosar súa aposta pola diversificación e posta en valor dos seus recursos naturais e patrimoniais.
- 18:30 H. Cooperativismo: Pouso da Serra. Sociedade Cooperativa Xuvenil do Cangas do Morrazo adicada a gandería, apicultura e ós servizos forestais. Facebook: Pouso da Serra
- 19:30 H. Mesa redonda e clausura da xornada.
Lugar: Centro Polivalente do Rosal.
Gracias a tod@s os asistentes, poñentes, medios de comunicación e colaboradores por axudarnos a realizar as 2 Xornadas Forestais...Só desexarlles ¡Saúde e Monte! ;)
Máis fotos nesta Ligazón:Fotos II Xornadas 2016
II XORNADAS FORESTAIS BAIXO MIÑO
-APERTURA DE XORNADAS
Presentación
das xornadas a cargo da presidenta da Asociación A Jalleira, Nuria Castro.
-EXPERIENCIA: C.M.V.M.C. O ROSAL “25 ANOS DE XESTIÓN FORESTAL”
No ano 1991
varios membros de actual directiva involúcranse na súa comunidade. Tras moito traballo
e experiencias, fan da Comunidade de montes
do Rosal un referente da xestión comunal e da defensa do patrimonio natural.
Issac González
González
Presidente da
C.M.V.M.C. O Rosal.
-CONFERENCIA: “USOS E ABUSOS DO MONTE”
A controversia do uso público á palestra. Nos últimos anos, a raíz do
crecente uso social e lúdico do monte, xurdiron novos conflictos e polémicas
que repercuten na xestión dos montes. Diferentes propostas e alternativas a debate.
Xosé Carlos Morgade Martínez
Secretario
Mancomunidade de Montes de Pontevedra
-EXPERIENCIA: “O BOSQUE DE RIDIMOAS”
A orixe da
asociación xurde nos anos setenta coa necesidade de concienciar do valor da natureza
por parte do seu actual Presidente Pablo Oitabén. A finais dos oitenta fúndase
Ridimoas, Asociación co fin de estudar e defender o bosque autóctono na comarca
do Ribeiro. Despois de tres décadas custodian 500 hectáreas de bosque e acadan máis de 1000 socios.
David
Rodríguez
Vicepresidente
da Asociación Cultural e Ecolóxica Ridimoas.
-MESA REDONDA e CLAUSURA DA XORNADA.
Debate e intercambio de ideas e cuestións entre os ponentes e o público.
“Actividade lúdica para mostrar o presente dos nosos montes e outros valores engadidos”
MÁIS INFORMACIÓN
APERTURA-Presentación.
Presentación das xornadas a cargo da Enxeñeira Forestal Nuria Castro, Presidenta Asociación Forestal e de Educación Ambiental A Jalleira.
EXPERIENCIA- Asociación Monte Cabalar-Cooperativa.
Exemplo de cooperativa dos montes da Estrada, que aposta pola explotación do gando en extensivo, xestión silvícola e aproveitamento agrícola. Falarannos da súa experiencia que nos mostrara a importancia do cooperativismo e os beneficios dunha xestión sostible. A cargo da Cooperativa Monte Cabalar.
CONFERENCIA-COLOQUIO – A Lonxa da madeira.
Conferencia a cargo da Organización Galega de Comunidade de Montes, donde presenta como proxecto innovador a creación da primeira lonxa virtual da madeira e outros aproveitamentos, alternativa o actual mercado do sector forestal do país.
Ponencia a cargo de presidente da OOGGCCMM, Xosé Alfedo Pereira.
EXPERIENCIA-A Multifuncionalidade do monte (CMVMC Vincios)
Mostra a cargo de Alberto Covelo, presidente da CMVMC de Vincios, do uso múltiple que nos aporta o monte, diferentes proxectos, aproveitamentos e alternativas para manter un monte vivo.
PROXECIÓN – Presentación do proxecto “En todas as mans”-Trespes Soc.. Coop. Galega.
A cargo da cooperativa audiovisual Trespés que mostrara o seu proxecto de documentario sobre as comunidades de montes e os seus valores.
MESA REDONDA-CLAUSURA.
As xornadas remataran cunha mesa redonda onde os asistentes farán as súas preguntas e aportacións intentando crear debate, coa a participación e opinión dos ponentes.
ANDAINA GUIADO POLA SERRA DA GROBA.
Como chegar:
Carretera Baiona-A Guarda (PO-552), chegados a parroquia de Oia coller o desvío Loureza-Burgueira, 6 Km. de subida ata chegar o cruce da casa forestal.
Comentarios
Publicar un comentario