I XORNADA VOLUNTARIADO AMBIENTAL
I XORNADA VOLUNTARIADO AMBIENTAL
A Jalleira organiza a 1ª Xornada de
Voluntariado Ambiental para a repoboación das beiras do río da Cal con especies
autóctonas. Consideramos que é o noso deber que unha das paisaxes máis fermosas
da nosa contorna volva a ser o que foi, ou incluso mellor.
Pecha os ollos e pensa un intre no futuro:
Imaxina
un espazo cuberto de árbores convivindo outra vez con todos eses seres vivos
que nel habitan, percorrido pola auga que nace os seus pes …agora respira fondo
e abre os ollos… verdade que sería
fermoso sentilo!
Pois , cun pouquiño de esforzo e traballo
podese lograr ese soño.
A Comunidade de Montes de Sta. Mariña fai o
empréstamo da ferramenta necesaria, a planta poñémola nós, os da Jalleira. Isto
será repartido xa na zona de traballo, os voluntarios en ningún momento terán
que cargar con nada que non sexa unha mochila persoal onde cada ún levará o que
considere oportuno.
A Jalleira tamén lle ofrece a tódolos
voluntarios un bocadillo, unha botella de auga, unha peza de froita e, sobre
todo, moi boa compaña e risas.
¿Cómo Chegar?
Comentarios
Publicar un comentario