SAÍDAS Á NATUREZA
















EXCURSIÓN OS MONTES DE SISTELO


Fotos da excursión a Sistelo, o pequeno Tíbet, dos compoñentes, soci@s, amig@s e máis xente da Jalleira.

- Máis Fotos nesta ligazón: Fotos Sistelo













XORNADA MICOLÓXICA O SÁBADO 7 DE NOVEMBRO

Grazas ao concello da guarda, en especial a patricia da Omix por axudarnos a organizar estas charlas sobre cogomelos e grazas a toda a xente participante polo seu interese mostrado. Esperamos repetir noutras edicións. 
Quedades convidados ás nosas próximas actividades.

Máis Fotos nesta ligazón:Fotos Xornada Micolóxica










MAGOSTO POPULAR 2015, OIA

Moitas grazas a todos os asistentes do magosto 2015, grazas a C.s. Fuscalho e á comunidade de montes de oia por axudarnos a organizar o evento. Quedades convidados ás nosas próximas actividades.





MÁIS FOTOS nesta ligazón:  Fotos Magosto 2015































































     PROXECTO RÍOS: 
ANÁLISE E LIMPEZA DO RÍO TAMUXE   



Polo seu traballo desinteresado recollendo lixo, simpatía, colaboración nas tarefas das distintas análises efectuadas e interese polo coñecemento da flora e fauna presentes no "noso" tramo apadriñado do río.

Moitas gracias ós asistentes a esta xornada de voluntariado; encadrado na VIII Limpeza Simultánea de Rios de Galicia !

Deica vindeiras actividades!




- Máis fotos nesta ligazón: Fotos Proxecto Ríos



























ANÁLISE E LIMPEZA DO RÍO TAMUXE

 Móllate polos nosos ríos! Esperamos-te o domingo 27




VOLUNTARIADO AMBIENTAL, RÍO TAMUXE

Gracias a tod@s por participar.
Gran limpeza, había máis lixo do esperado... O río Tamuxe xa ten un tramo de río máis limpo, máis sano, máis bonito e con maís vida.





























































Damos as grazas a todo-los asistentes e a Tamara Alonso fotografía, pola Foto Ruta, programada para este sábado e que aplazamos debido o mal tempo.
Prometemos realizala como a nós nos gustan faer as cousas, ben feitas.
Ainda que estivo orballando, aínda botamos unhas fotos, falamos do Esteiro do Miño, e demos un pequeno paseo...












                            RUTA A PENA TREVINCA

          Sol a rejo cheo - formación de fenómenos atmosféricos - brisa de montaña - tronos e relámpagos, zafamos - fortes chuvias - granizada de canicas - todos coma pitos - e chegamos o trisquel. Coronación realizada con éxito. PENA TREVINCA, 2127mts o teito de Galicia.



































































 VISITA GUIADA HISTÓRICO-BOTÁNICA NO CASTELO DE SANTA CRUZ


          Co galo do día internacional dos museos, o día 16 de maio, estivemos no Castelo de Santa Cruz dá Guarda realizando unha visita histórico-botánica.
          Dá parte histórica encargouse Manuel Álvarez, guía oficial desta edificación, comentando toda a historia dende a súa creación ata os nosos días.
          Pola nosa parte fixemos unha descripción botánica do xardín, identificando e explicando ás especies máis representativas dá fortaleza, como poden ser ás criptomerias, camelias, tileiro, cipreses e piñeiros entre outros; Contando a súa procedencia, usos e pequenos detalles de cada un deles, sempre interactuando ca xente que asistiu.
          Foi un gran pracer ter compartido esta actividade con Manuel e todas aquelas persoas que asistiron, convertindo a visita nun bonito paseo, case familiar, onde todos compartimos os nosos coñecementos.
A JALLEIRA, por é para o monte.



























 II OIA EXISTE


          O día 13 de xuño, Oia Existe volve por segundo ano e A Jalleira participa dentro da xornada adicada a mostrar os diferentes atractivos de Oia. Nesta ocasión recorreremos Os Castelos, un pequeno monte que oculta grandes misterios.

          Descubre os diferentes valores que se agochan entre outeiros, toxos e bestas.
Situado nos montes de Burgueira, esta pequena serra agocha diferentes atractivos, nos cales destacan o arqueolóxico, xeolóxico e paisaxístico entre outros.


Andaina guiada de dificultade media, 9 Km.(3:30 h.), percorrido circular.

Día: 13 de xuño de 2015.

Saída dende a Cruz do Pau, Viladesuso. 10:00h.

Como chegar?!

Punto de encontro Picadero de Mougás, 09:30 h. Cruz do pau as 10:00 h. Estrada Baiona-Torroña no cruce da subida dende Mougás.

Contacto: 664 31 42 90

Coord.X 514100 – Y 4655650




*A ruta polos Castelos foi toda unha experiencia... Chuvia, novos compañeir@s, e todos os tesouros que se agochan neste monte.
- Máis Fotos nesta ligazón: Fotos Oia Existe II



*Aquí deixámosvos a crónica da ruta realizada polo compañeiro Balboa Ramone, creador do Blogue, Entre Toxos e Carrachos. II Andaina Oia Existe





I XORNADA VOLUNTARIADO AMBIENTAL


          A Jalleira organiza a 1ª Xornada de Voluntariado Ambiental para a repoboación das beiras do río da Cal con especies autóctonas. Consideramos que é o noso deber que unha das paisaxes máis fermosas da nosa contorna volva a ser o que foi, ou incluso mellor.

Pecha os ollos e pensa un intre no futuro:

          Imaxina un espazo cuberto de árbores convivindo outra vez con todos eses seres vivos que nel habitan, percorrido pola auga que nace os seus pes …agora respira fondo e abre os ollos…  verdade que sería fermoso sentilo!

          Pois , cun pouquiño de esforzo e traballo podese lograr ese soño.

          A Comunidade de Montes de Sta. Mariña fai o empréstamo da ferramenta necesaria, a planta poñémola nós, os da Jalleira. Isto será repartido xa na zona de traballo, os voluntarios en ningún momento terán que cargar con nada que non sexa unha mochila persoal onde cada ún levará o que considere oportuno.

          A Jalleira tamén lle ofrece a tódolos voluntarios un bocadillo, unha botella de auga, unha peza de froita e, sobre todo, moi boa compaña e risas.

¿Cómo Chegar?



En caso de choiva quedará anulado ata o vindeiro fin de semana, o domingo 1 de Marzo.


A Jalleira, por é para o monte.



Visita guiada pola Ruta Máxica de Oia


















           O pasado día 16 de Agosto do 2014, levouse a cabo unha visita guiada pola ruta Máxica de Oia.

          A organización correu por conta de ACAMO e ANABAM, colaborando Rockart Conservation e por suposto nós, A JALLEIRA.
          Partimos as 9:30 da mañá, as primeiras paradas tiveron lugar nos Petroglifos da Pedreira, baseados en liñas e cazoletas, e Outeiro do  Morouzo, onde tamén se atopan distintos petroglifos, destacando a Pedra do cazador, cun gravado antropomorfos e zoomorfo onde se representan, para uns, escenas de monta, e para outros de caza.

          Seguimos pola pista forestal, ata chegar  as Sobreiras do Faro, catalogado como Espazo Privado de Interese Natural, onde membros da JALLEIRA explicaron os valores naturais, históricos e socioeconómicos deste pequeno verxel que se atopa no canon do río Boi.
          Seguimos andando  á  vez que gozando  das marabillosas vistas da costa de Oia, onde se poden contemplar as súas paisaxes, parroquias, e outros elementos como as illas Orelludas, facendo as correspondentes paradas nos miradores naturais que nos ofrece toda  ruta.
         Antes de xantar, foi de obriga a visita as Pozas de Mougás, onde  o río Peito  se atreve a pasar entre as súas prominentes cascadas.
          A iso das 14:00h, paramos a xantar nun parque preto das Pozas, onde carballos e castiñeiros nos protexían do sol abafador daquel  día.

          Xa co bucho cheo, retomamos a andaina no seu último tramo ata chegar  o” xacemento da Cabeciña”, descuberto recentemente , que posúe un recinto fortificado e ademais  diversos  petroglifos.

          Grazas a Anabam e Acamo por nos convidar a participar na Ruta Máxica de oia, e tamén agradecer a Roberto Moreno pola reportaxe fotográfica.

A Jalleira, por é para o monte.






















































1ª Mostra Oia Existe

A mediados do mes de Xuño, Oia exhibiu os seus atractivos, unha pequena mostra do seu patrimonio histórico, cultural e natural.

A Jalleira foi invitada para mostrar un anaquiño do seu entorno natural, esta foi a primeira actividade levada a cabo pola asociación.










O Cantadoiro, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Pedra Bicentenario, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba


Oliveira, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Muiño de Salero, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Muiño de Salero II,Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

O Sobral, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Nun día solleiro, comezamos o roteiro guiado pola aldea de Viladesuso, amosouse parte da súa historia e seu patrimonio. Deixando atrás a aldea, chegamos as Sobreiras do Faro, exemplo de bosque tipo mediterráneo no val do río de Broi. Este bosque, catalogado como espazo privado de interese natural (EPIN), situado na Serra da Groba resistiu o invite de lumes e riadas; entre sobreiras puidemos valorar a importancia que tivo no pasado este entorno senlleiro, coñecer o seu estado actual e desfrutar desta xoia natural, de volta a aldea puidemos ademais apreciar o valor paisaxístico do que pode presumir Oia.
Flora, fauna e unha paisaxe que estamos obrigados a conservar.
Pola Ruta Máxica,Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Sobreiras do Faro, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Sobreiras do Faro II, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Rio de Broi, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

As Cortes, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Sobreiras do Faro III, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Canón do Broi, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba

Pola Ruta Máxica II, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba


Gracias a Xabi Garrido pola invitación, a Santiago Baz Lomba pola súa reportaxe e os asistentes pola súa compaña.


A Jalleira, por é para o monte.







Comentarios

Publicacións populares