FLORA
Linaria triornithophora (L.)
Despois dun ano o monte comeza a mostrar os seus encantos.
Coñecida en Galicia como Paxariños, pranta perenne de cor malva co padal amarelo, con dous beizos e un espolón longo na base. Florece en toda Galicia entre os meses de Xuño a Setembo podémola atopar na beira de bosques, matorrais e na beira dos ríos.
O seu principal valor é ser un endemismo do Noroeste da Península Ibérica.
Utilizouse para uso dermatolóxico, polo seu efecto laxante e tamén se lle atribúen efectos "vigorosos".
Campo do Couto. Serra da Groba.
Comentarios
Publicar un comentario