¿QUÉN SOMOS?
Asociación a Jalleira
A Jalleria é unha
asociación sen animo de lucro, formada por persoas do colectivo forestal con
preocupacións pola natureza, un grupo de mozas e mozos do Baixo Miño
preocupados polo seu entorno participando activamente no mesmo.
Para acadar estes fins
tentamos levar a cabo diferentes tipos de iniciativas e proxectos que nos
axuden a conservar e mellorar os nosos espazos naturais, intentando crear o
interese e a participación da veciñanza.
Pretendemos consolidar a
educación ambiental como ferramenta beneficiosa para a sociedade, fomentando e
promovendo o coñecemento e estudo do medio natural e mostrar o monte, como
fonte de recursos, oportunidades e futuro.
Asociación A Jalleira, por é para o Monte.
Moito ánimo con esta xenerosa e interesante iniciativa!!! TEN MOI BOA PINTA :D
ResponderEliminarEspero poder participar nalgúns dos vosos eventos.
Saúdos!