VOLUNTARIADO DE PLANTACIÓN A JALLEIRA - OIA 2019


🌱🌳⛏️VOLUNTARIADO DE PLANTACIÓN A JALLEIRA 2019

Dende a Jalleira convidámosvos a participar no noso voluntariado anual de plantación o domingo día 17, este ano vai ser nos montes de Oia, no lugar da Salgosa, preto do miradoiro da estrada Oia- A Valga.

Neste voluntariado contamos coa colaboración da CMVMC de OIA e a parella formada por Raquel e Darío pola doazón de parte da planta como conmemoración do seu casamento

Plantaranse uns 500 árbores de especies autóctonas e de ribeira.

Ao terminar a plantación haberá comida e bebida para todos os participantes.

Os asistentes que acudan ao voluntariado deberan se é posible traer algunha ferramenta para a plantación.

Prazas limitadas

Día: 17 de Febreiro do 2019

Punto de encontro: Casa Cultural de Oia.

Hora: 10:00h

Saúde e monte, Asociación Forestal e de Educación Ambiental A Jalleira



Comentarios

Publicacións populares