SAÍDA NOCTURNA AOS PETRÓGLIFOS, mes pola conservación



Moitas gracias a tod@s os participantes da saída nocturna ós petróglifos do Rosal, moitas gracias a Xosé Lois Vilar Pedreira por ser o noso guía suplente, gracias tamén a O Buraco que de seguro en breve poderemos contar con él para próximas saídas ós petróglifos. Esperamos que o pasarades ben nesta saída e quedades convidados ás nosas próximas actividades. Fotos cedidas por Cesar Lorenzo e Andrea Iglesias.

A Jalleira, saúde e monte.

Máis Fotos Nesta Ligazón:Fotos Saída Nocturna ós Petróglifos






















Recordade que este sábado día 11 ás 22:00h temos a saída nocturna ós petróglifos do Rosal, quedada na Cruz Da Portela, a carón do Tiro ó Prato, na estrada Marzán- San Xian.
Por motivos de saúde do noso guía José Álvarez Alonso, "O Buraco" non poderá acompañarnos na nosa saída nocturna polo que nos guiará D. Xosé Lois Vilar Pedreira, Licenciado en Xeografía e Historia pola USC, membro da xunta directiva do Instituto de Estudos Miñoráns. Esperamos que o Buraco se recupere pronto e poida estar con nós nas próximas actividades.
Non vos esquezades de por a punto as vosas lanternas.
A Jalleira, por e para o monte.

Comentarios

Publicacións populares