MOCIÓN CATEGORÍA BOMBEIROS FORESTAIS
Moción a favor do SPDCIF (Servizo Público de Prevención
e Defensa Contra Incendios Forestais)
A asociación a Jalleira promove na comarca do Baixo Miño unha moción en apoio
do servizo público de incendios forestais, a raíz da iniciativa impulsada pola
asociación de profesionais do SPDCIF (APROPIGA), que xa ten aprobado a moción
noutros concellos de Galicia e Deputación de Pontevedra.
A Jalleira presenta nos concellos da
comarca esta moción, mostrando así, o seu apoio ós compañeiros que desempeñan
unha labor tan pouco valorada social e institucionalmente.
Entre as reivindicacións cabe destacar a creación da categoría profesional
de Bombeiro Forestal e a aposta por un servizo único e público de prevención e
extinción de incendios.
Esta moción presentouse nos concellos do Baixo Miño, e nesta semana levarase
a pleno o xoves 28 en Oia e Tui, venres 29 na Guarda e o sábado 30 no Rosal. Invitamos
a todo aquel interesado a asistir ós plenos en cada concello para mostrar o seu
apoio a esta moción.
A Jalleira, por e para o monte.

Comentarios
Publicar un comentario