1ª Mostra Oia Existe
A mediados do mes de Xuño, Oia exhibiu os seus atractivos, unha pequena
mostra do seu patrimonio histórico, cultural e natural.
A Jalleira foi
invitada para mostrar un anaquiño do seu entorno natural, esta foi a primeira
actividade levada a cabo pola asociación.
 |
O Cantadoiro, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba |
 |
Pedra Bicentenario, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba |
 |
Oliveira, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba |
 |
Muiño de Salero, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba |
 |
Muiño de Salero II,Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba |
 |
O Sobral, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba |
Nun día solleiro,
comezamos o roteiro guiado pola aldea de Viladesuso, amosouse parte da súa
historia e seu patrimonio. Deixando atrás a aldea, chegamos as Sobreiras do
Faro, exemplo de bosque tipo mediterráneo no val do río de Broi. Este bosque,
catalogado como espazo privado de interese natural (EPIN), situado na Serra da
Groba resistiu o invite de lumes e riadas; entre sobreiras puidemos valorar a importancia
que tivo no pasado este entorno senlleiro, coñecer o seu estado actual e
desfrutar desta xoia natural, de volta a aldea puidemos ademais apreciar o
valor paisaxístico do que pode presumir Oia.
Flora, fauna e
unha paisaxe que estamos obrigados a conservar.
 |
Pola Ruta Máxica,Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba |
 |
Sobreiras do Faro, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba |
 |
Sobreiras do Faro II, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba |
 |
Rio de Broi, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba |
 |
As Cortes, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba |
 |
Sobreiras do Faro III, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba |
 |
Canón do Broi, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba |
 |
Pola Ruta Máxica II, Viladesuso. Fotografia: Santiago Baz Lomba |
Gracias a Xabi
Garrido pola invitación, a Santiago Baz Lomba pola súa reportaxe e os
asistentes pola súa compaña.
A Jalleira, por é para o monte.
Comentarios
Publicar un comentario