II XORNADAS FORESTAIS BAIXO MIÑO
Gracias a tod@s os asistentes, poñentes, medios de comunicación e colaboradores por axudarnos a realizar as 2 Xornadas Forestais...Só desexarlles ¡Saúde e Monte! ;)
Máis Fotos nesta ligazón: Fotos II Xornadas 2016
II XORNADAS FORESTAIS BAIXO MIÑO
-APERTURA DE XORNADAS
Presentación
das xornadas a cargo da presidenta da Asociación A Jalleira, Nuria Castro.
-EXPERIENCIA: C.M.V.M.C. O ROSAL “25 ANOS DE XESTIÓN FORESTAL”
No ano 1991
varios membros de actual directiva involúcranse na súa comunidade. Tras moito traballo
e experiencias, fan da Comunidade de montes
do Rosal un referente da xestión comunal e da defensa do patrimonio natural.
Issac González
González
Presidente da
C.M.V.M.C. O Rosal.
-CONFERENCIA: “USOS E ABUSOS DO MONTE”
A controversia do uso público á palestra. Nos últimos anos, a raíz do
crecente uso social e lúdico do monte, xurdiron novos conflictos e polémicas
que repercuten na xestión dos montes. Diferentes propostas e alternativas a debate.
Xosé Carlos Morgade Martínez
Secretario
Mancomunidade de Montes de Pontevedra
-EXPERIENCIA: “O BOSQUE DE RIDIMOAS”
A orixe da
asociación xurde nos anos setenta coa necesidade de concienciar do valor da natureza
por parte do seu actual Presidente Pablo Oitabén. A finais dos oitenta fúndase
Ridimoas, Asociación co fin de estudar e defender o bosque autóctono na comarca
do Ribeiro. Despois de tres décadas custodian 500 hectáreas de bosque e acadan máis de 1000 socios.
David
Rodríguez
Vicepresidente
da Asociación Cultural e Ecolóxica Ridimoas.
-MESA REDONDA e CLAUSURA DA XORNADA.
Debate e intercambio de ideas e cuestións entre os ponentes e o público.
Comentarios
Publicar un comentario