APROBACIÓN DAS CINCO MOCIÓN NO BAIXO MIÑO EN APOIO Ó SERVICIO PÚBLICO DE INCENDIOS
Cinco mocións no Baixo Miño en apoio o Servicio Público
de Incendios
Durante o primeiro trimestre do
ano a Asociación A Jalleira promoveu na comarca do Baixo Miño un moción en
apoio o Servizo Publico de Defensas Contra Incendios Forestais, a raíz da iniciativa
impulsada pola asociación de profesionais do SPDCIF (APROPIGA). Esta moción xa
foi aprobada noutros concellos de Galicia e na Deputación de Pontevedra.
O SPDCIF foi sempre un modelo de referencia en toda España, tanto pola súa
efectividade como polo seu carácter de servizo cen por cen público ó servizo da
cidadanía na protección do medio natural de Galicia. Fronte a esta realidade,
atopámonos na actualidade cun modelo de prevención e extinción e incendios
fragmentado a través dun complexo entramado de organismos, empresas e
institucións, que está prexudicando gravemente a eficiencia do que sempre foi
un servizo público de contrastada eficacia.
O desmantelamento paulatino do SPDCIF, a privatización e esternalización de
servicios, precarización das condicións de traballo, a falla de estabilidade
laboral e a non consideración como un corpo de emerxencias, son mostras de
desprezo destes profesionais.
Esta moción foi aprobada por
unanimidade nos concellos de A Guarda, Oia e O Rosal, aprobada en Tomiño cos
votos a favor do BNG e PSG-PSOE coas abstencións de PP e CdT, e no concello Tui
foi aprobada cos votos de PSG-PSOE, APTUI, C21,BNG e SON, coas abstencións de
CsT e PP.
- Recoñecemento da categoría
profesional de Bombeiro Forestal.
- Defensa do SPDCIF como servicio
único de prevención e extinción de incendios.
- Convocatoria dunha oferta
pública de emprego e cobertura de vacantes.
- Estabilidade laboral e profesional.
Con esta iniciativa levada a cabo
nos concellos da comarca, A Jalleira quere amosar así, o apoio os compañeiros
que desempeñan unha labor tan pouco valorada social e institucionalmente, vital
para os nosos montes, o medio ambiente e a sociedade.
Por último dar as grazas as
persoas que entenden e valoran o esforzo e o traballo destes profesionais.
Comentarios
Publicar un comentario