Limpeza do río Peital (Mougás) - XII Limpeza simultánea de ríos de Galicia



Este ano o voluntariado de limpeza o realizaremos no Río Peital (Mougás) OIA, este domingo 29 de setembro , colaborando na XII Limpeza simultánea de ríos do Proxecto Ríos da Asociación Adega. 
O punto de encontro será no Polideportivo de Mougás.
Comezaremos ás 10:00h e acabaremos sobre as 13:00-13:30h.
Pregase confirmación de asistencia.
Os voluntarios só teñen que traer ganas de pasalo o mellor posible e botarlle unha man ó medio ambiente.
Os voluntarios deberán traer calzado axeitado para a actividade (botas de goma, escarpíns, etc...).
O Material que se precisa para a actividade o dispoñerá o Concello de Oia e A Jalleira.

Este é o noso 5º ano participando; na primeira edición limpamos o tramo que temos apadriñado no río Tamuxe, e nas tres restantes edicións fomos limpando tramos do río Folón dende o comezo dos muíños ata a súa desembocadura no río Tamuxe.

Saúde e Monte !!
Asociación Forestal e de Educación Ambiental, A Jalleira

Comentarios

Publicacións populares