Excursión xeolóxica: A COSTA DE PORTECELO

A COSTA DE PORTECELO - Herdanza das neves da Groba

Guiada por Carmen Casares, xeóloga

  • Data: domingo 17 de setembro, ás 10:00 am
  • Duración aproximada: 3 horas 
  • Punto de encontro: Portecelo, O Rosal.
  • Recomendacións: levar calzado axeitado para camiñar sobre as rochas

Primeira visita

A Groba imponse na paisaxe. A ela debemos, en grande parte, que esta zoa da costa sexa tan peculiar e diferente das rías galegas. Fai varios miles de anos, as neves acumulábanse nas súas cumes e vertentes. Os derrubios que arrastraton ó fundirse, tapizan agora a costa e forman acantilados de bloques e arxilas que actuaron como un escudo que conservou antigas formas costeras. 



O granito e a rocha que forma a Groba, a plataforma que une as súas pendentes á costa e os "coidos". Ten unha longa historia: é unha vella rocha, de máis de 300 millóns de anos, moi viaxada. Chegou aquí dende o ecuador, onde naceu, formando o núcleo dunha enorme cordilleira. hoxe arrasada e repartida en anacos polo mundo. Buscaremos as pegadas que tan peculiar historia han deixado sobre elas.


Segunda visita

Cos vehículos, atravesaremos a aldea de Portecelo e percorreremos a estrada asfaltada cara á esquerda, onde estacionaremos os vehículos, e onde tomaremos, xa camiñando, unha antiga estrada á beira da costa. Camiñaremos polas rochas da costa aproximadamente un quilómetro, ata saír por un camiño que se conecta cunha pista que percorreremos unha media hora ata volver ós vehículos. 



Neste tramo de costa é moi sinxelo camiñar, porque o granito comportase coma se fose unha cebola, pártese en capas concéntricas, extensas, bastante aplanadas nas que se poden formar lagoas pequenas coa auga fresca que provén dos acantilados. Atopamos áreas onde as rochas están cubertas por unha capa avermellada que as protexe da erosión. Grandes diques atravesan o granito e numerosas fallas o fracturas.


Terceira visita

Colleremos os vehículos e iremos por un camiño de terra paralelo á costa en sentido norte, durante 900 metros, onde baixaremos por un sendeiro ata a costa.


Aquí espéranos os curiosos acantilados que empezaron a formarse fai 40.000 anos. Daquela, o mar estaba alonxado da costa actual e o clima era moi frio. As neves acumulábanse na Groba e, cando se derretían, as augas arrastrabban grandes cantidades de sedimentos cara a costa. Intentaremos entender o que os grandes cantos, os solos, ou o que os pequenos anacos de carbón cóntanos sobre a súa historia.



Cómo chegar:

O punto de encontro será a explanada de terra do pobo de Portecelo, O Rosal.






Comentarios

Publicacións populares