II XORNADAS MICOLÓXICAS 2016, A Guarda

Neste curso descubriremos a ecoloxía dos fungos, un mundo cheo de curiosidades sobre uns organismos fundamentais para o funcionamento dos ecosistemas, a pesar de que o seu labor permaneza oculta ós nosos ollos. Ademais iniciarémonos no proceso de identificación de cogomelos; os froitos dalgúns fungos, prestando especial atención ás especies de valor gastronómico e aquelas que resultan máis perigosas. Ante todo aprenderemos a respectar estes organismos e a actuar de forma responsable no caso de que esteamos interesados na súa recolección.

Os/as participantes aprenderán a:
-              Coñecer nocións básicas e aspectos xerais sobre o reino dos fungos.
-              Identificar as distintas especies de fungos típicas do monte Galego.
-              Recoñecer as especies de cogomelos comestibles e as súas posibles confusións tóxicas.
-              Manexar claves e guías de identificación de fungos.

Os menores de idade deberán asistir sempre acompañados por un adulto ou titor.

Material necesario:
En xeral, adoita ser recomendable acudir ao curso con navalla, guías de campo e cesta de vimbia se se dispón dese material, roupa e calzado adecuados para o campo e a tempada. Atención a lentes de sol, gorra ou chapeu, auga e crema solar.

HORARIO PREVISTO (suxeito a posibles cambios de última hora): sábado 12 de novembro, pola mañá clase teórica de 10 a 13h e pola tarde saída de campo de 16 a 18h, onde faremos identificación de exemplares.

Inscrición previa na Omix 986614546 ou no mail informacion@aguarda.es







Máis fotos nesta ligazón:Fotos II Xornadas Micolóxicas A Guarda












Comentarios

Publicacións populares