II OIA EXISTE

          II OIA EXISTE

          O día 13 de xuño, Oia Existe volve por segundo ano e A Jalleira participa dentro da xornada adicada a mostrar os diferentes atractivos de Oia. Nesta ocasión recorreremos Os Castelos, un pequeno monte que oculta grandes misterios.

         Descubre os diferentes valores que se agochan entre outeiros, toxos e bestas.
Situado nos montes de Burgueira, esta pequena serra agocha diferentes atractivos, nos cales destacan o arqueolóxico, xeolóxico e paisaxístico entre outros.




Andaina guiada de dificultade media, 9 Km.(3:30 h.), percorrido circular.

Día: 13 de xuño de 2015.

Saída dende a Cruz do Pau, Viladesuso. 10:00h.

Como chegar?!

Punto de encontro Picadero de Mougás, 09:30 h. Cruz do pau as 10:00 h. Estrada Baiona-Torroña no cruce da subida dende Mougás.

Contacto: 664 31 42 90

Coord.X 514100 – Y 4655650



*A ruta polos Castelos foi toda unha experiencia... Chuvia, novos compañeir@s, e todos os tesouros que se agochan neste monte.
- Máis Fotos nesta ligazón: Fotos Oia Existe II


*Aquí deixámosvos a crónica da ruta realizada polo compañeiro Balboa Ramone, creador do Blogue, Entre Toxos e Carrachos. II Andaina Oia Existe








Comentarios

Publicacións populares